miércoles, 27 de julio de 2011

Memoria de un Pregón

   
      Memoria, sí, y ciertamente muy entrañable y de muy viva emoción aún para mí, a pesar de los 19 años transcurridos. En aquel olímpico 1992, en la misma fecha y hora en la que en Barcelona tenía lugar la brillante ceremonia inaugural de los Juegos, en mi entrañable pueblo natal de Santa Marta de Ortigueira se me concedía el insólito honor de ejercer como Pregonero de las Fiestas Patronales. El año había sido difícil; también -otro más- en lo referente a la dificultad para encontrar voluntarios que quisieran hacerse cargo de la árdua tarea de organización -y de procura de financiación- del programa festivo a desarrollar entre el 28 de julio, con la "salida de bandas", y el 1 de agosto, con el cierre de gala del "Baile del Club". Al fin, con poco más de un mes de antelación, cuatro jóvenes valientes asumieron el encargo, y tal vez por ello, bendita ocasión y concurrencia, por la prisa y la urgencia aceptaron elegirme a mí como ejerciente pregonero. Y allí me ví, momento inolvidable, asomado al balcón del que durante los años de infancia y juventud había sido academia-colegio de mi renqueante bachillerato. Lo que dije y conté, les juro, es lo más difícil y comprometido que he escrito hasta la fecha. Hoy, que es también víspera renovada de ese ciclo anual festivo de Ortigueira, me gustará compartir con todos vosotros aquel mensaje de entrañable convocatoria, que entonces pronuncié desde lo más hondo de mi alma. Confío en que os guste (y más aún, si así fuera, que no dejéis de visitar esta Villa norteña a la primera ocasión que se os presente. Puedo juraros que no os defraudará)


     Queridos conveciños de Santa Marta… Miñas donas e meus señores…
      Non é cousa, ben sei, de escomenzar negando nada; e ainda menos desacreditando o que tan de boa fe aquí se acaba de falar de min. No entendemento de todos están, evidentemente, as razóns de fondo agarimo que xustifican un panexírico tan desbordado como o que acabamos de escoitar. E nese mesmo entendemento, tamén, a medida xusta dos escasos méritos que eu poido achegar para vir a ocupar hoxe esta honrosísima praza de Pregoeiro das festas de meu pobo.
      Dúas circunstancias concurrentes, penso eu, son a causa de que este insólito miragre se veña a producir hoxe: por una banda, a xenerosísima imprudencia dos rapaces que forman este ano a Comisión de Festas ¡Xente nova…vara verde!, como ben dicía o Práctico. E pola outra, a insoslaiable tentación do embite en si mesmo. E xa non soio pola indubidable honra que representa, senon tamén -engadindo- polo fondo significado que, para moitos da miña xeneración, ten esta tribuna dende a que vos falo agora. Este balcón que, se poidera, daría fe dos moitos coscorróns e calugadas que fixeron falla para sacarnos adiante de latíns e xeografías.
      Así pois, entenderedes conmigo que a calidade do combite ía moito máis alá do que a miña xa pouca prudencia podía resistir. E aquí estóu logo, disposto a exercer de Pregoeiro como mellor poida, e a convidarvos a todos ó festeiro disfrute da nosa santa Patrona.
     Quixera escomenzar confesándovos que, con todo, o que isto ten de novidade para min non é máis que o marco e a ocasión; porque o que é falarvos cara a cara, de feito véñoo facendo dende ai moitos anos. E un dos máis vellos e eficaces recursos para supera-lo vértigo inevitable de asomarse a un micrófono ante unha audiencia tan numerosa e dispersa como a da radio; un truco que non consiste noutra cousa que en acadar a compoñer coa imaxinación un auditorio familiar, poboado de caras coñecidas. E falar de feito soio para él; recollendo nese ensoño o benevolente consolo para os moitos erros, e buscando nel, tamén, a agarimosa complicidade nos acertos. Así o veño facendo éu dende ai vinte anos, e vede aí pois, como vos dicía, que no é ésta, nin moito menos, a primeira vez que vos falo cara a cara.
      A que sí é, sen dúbida, e a máis comprometida, xa que a maioría de vosoutros sabedes moito mellor ca min da prestixiosa tradición festeira de Ortigueira, e das claves da sua evolución ó longo de tantos anos, lucindo sempre con rilante singularidade á marxe da mellor ou peor coxuntura económica coa que teña que loitar a correspondente Comisión de Festas. Algún ano, que eu recordo, chegouse a xuntar a devandita Comisión na mesma tarde deste día 27, e non por iso deixóu de estoupa-la traca no momento xusto do paso da Procesión; nin fallou o pasarrúa de banda percorrendo a Vila; nin, por suposto, chegou a asoma-lo mencer sen que a Ría devolverá o eco da serpenteante “Conga de Jaluco”, nos últimos coletazos da verbena. E ata tal se dixera que, no caso das nosas Festas, esa desasosegante incertidume chega a ser un máis dos ingredientes en xogo. Un bo motivo para enche-las cansinas tertulias dos primeiros días do verán, e unha baza gañada sempre, na polémica, polos máis veteranos, fartos de terciar nas urxentes teimas dos máis novos con un sabio e retranqueante “¡Xa se xuntarán!”…”¡Ainda hai tempo!”…
      Pois ben, con tempo, sí, pero tamén xusto, estes catro magníficos, Dolores, Lupe, Suso e Pablo, viñeron, neste 92, a darlle a razón outra vez ós vellos, e a sorprendernos a todos cun programa festeiro de auténtica categoría, capaz de medirse sen complexos cos máis lembrados de calquer época pasada.
      E por se fose necesario confirmar canto digo con algún exemplo, aí está a impresionante nómina de bandas que se anuncian: cinco, mais duas de gaitas…, todo un record olímpico para encher con derroche ese capítulo que todos consideramos como o máis señeiro na secular ambición festeira de Santa Marta. Ou, buscando outro exemplo, ese conxunto brasileiro que se anuncia para o día 30: nada menos que toda unha Escola de Samba de Río de Xaneiro, insólita e excepcional atracción que a moitos, sen dúbida, traguerá a febril lembranza daquelas míticas “Nereidas” que hai trinta anos romperon eiqui todo-los esquemas sobre a capacidade física e paixonal deste Cantón.
      Así pois, é moi certo que, pola conta do Programa, a festa está servida, e ben servida: música, actuacións, concertos, lucería, xogos, deportes… Todo canto se pode pedir de lúdico aderezo está aí, xenerosamente disposto nese Programa. E, con todo, eu quixera significar agora -falando dun xeito especial para os que de fora veñen- que o máis atractivo de canto está por pasar nesta Vila nos próximos cinco días non figura detallados nos carteis, nin se axusta -salvo excepcións- á rixidez horaria que impón un programa de actos. E esa outra parte da festa na que todos somos Comisión. A que pon en xogo a íntima complicidade de tódolos ortigueireses para encher de emoción e solemnidade determinados momentos e actos que están por vir. Ritos locais que o son, de domestica e sinxela singularidade certamente; nin únicos nin insólitos, ben o sabemos, pero que, vividos dende esa solidaria complicidade emocional, chegan a constituirse en inesquecible experiencia, e en morriñoso referente tamén das esencias da Patrona dun ano para outro.
      Un desfile de bandas de música, ben certo é que non ten nada de extraordinario. Máis, se queredes velo á nosa maneira, poidera ser que sentírades un ledicioso brinco na alma cando mañá dean as doce no reloxio do vello Convento; e que participedes así, connosco, do alporizado rebulir de ver cómo un dos soños máis arelados por esta Vila se cumpre ó fin: o de disponer de novo dunha banda de música propia, pechando un demasiado longo baleiro, e renovando unha das tradicións más emblemáticas de Ortigueira.
     E tampouco, ben sei, ten nada de extraordinario unha concentración de foguetería ó paso solemne dunha Procesión. Case todalas festas contan con ese ingrediente. Mais non todas, velaí, dispoñen dunha caixa de resoancia de tan atronadora capacidade como a nosa Ría…
      E é que, para rematar, en cuestión de acústica, meus queridos amigos, non queda outro remedio que reconocerlle a Ortigueira capacidades excepcionáis; case tantas como nos últimos anos nos descubríu Álvaro, en canto á riqueza biolóxica dos nosos humidáis. Unha potencialidade acústica de tan amplo espectro, como para reflexar todalas frecuencias posibles, dende un umbral ó outro da escala; dende o máis agudo crocar das copas, nas matináis sensións de vermut, ata o bronco estoupido dos tapóns de champán, na derradeira noite do Baile do Club.
      A que ven pois anunciándose, si queredes vela deste xeito, ven sendo algo así como unha longa e rica sinfonía, en cinco movimentos, que debemos escomenzar a interpretar todos, se vos prace, dende agora mesmo; en canto éu deixe de desafinar neste ensaio previo, que xa vai sendo longo.
      ¡Felices Festas!... E que sexan todos benvidos ó festeiro disfrute da nosa Santa Patrona.


Cantón ortegano, al que se asoma el balcón de la vieja Academia

TRADUCCIÓN, si fuese necesaria:

      Queridos convecinos de Santa Marta… Señores y señoras…
      No es cosa, bien lo sé, de comenzar negando nada; y aún menos desacreditando lo que tan de buena fe aquí se acaba de hablar de mí. En el entendimiento de todos están, evidentemente, las razones de hondo cariño que justifican un panegírico tan desbordado como el que acabamos de escuchar. Y en ese mismo entendimiento, también la medida justa de los escasos méritos que yo puedo allegar para venir a ocupar hoy esta honrosísima plaza de Pregonero de las fiestas de mi pueblo.
      Dos circunstancias concurrentes, pienso yo, son la causa de que este insólito milagro se venga a producir hoy: por un lado, la generosísima imprudencia de los jóvenes que integran este año la Comisión de Fiestas ¡Gente joven…vara verde!, como bien decía el Práctico [don José Bermúdez, práctico que fue del puerto y de la ría de Ortigueira, y personaje muy querido y popular en la Villa]. Y por otra, la insoslayable tentación del envite en sí mismo. Y ya no sólo por el indudable honor que representa, sino también -a mayores- por el hondo significado que, para muchos de mi generación, tiene esta tribuna desde la que os hablo ahora. Este balcón que, si pudiera, daría fe de los muchos coscorrones y tortazos que hicieron falta para sacarnos adelante de latines y geografías.
      Así pues, entenderéis conmigo que la calidad de la invitación iba mucho más allá de lo que mi ya poca prudencia podía resistir. Y aquí estoy, pues, dispuesto a ejercer de Pregonero como mejor pueda, y a invitaros a todos al disfrute de nuestra santa Patrona.
     Quisiera empezar confesándoos que, con todo, lo que esto tiene de novedad para mí no es más que el marco y la ocasión; porque lo que es hablaros cara a cara, lo vengo haciendo desde hace muchos años. Es uno de los más viejos y eficaces recursos para superar el vértigo de asomarse a un micrófono ante una audiencia tan numerosa y dispersa como la de la radio; un truco que no consiste en otra cosa que en alcanzar a componer con la imaginación un auditorio familiar, poblado de caras conocidas. Y hablar de hecho sólo para él; recogiendo en ese ensueño el benevolente consuelo para los muchos errores, y buscando en él, también, la cariñosa complicidad en los aciertos. Así lo vengo haciendo yo desde hace veinte años; ved ahí, pues, como os decía, que no es ésta, ni mucho menos, la primera vez que os hablo cara a cara.
      La que sí es, sin duda, es la más comprometida, ya que la mayoría de vosotros sabéis mucho mejor que yo de la prestigiosa tradición festera de Ortigueira, y de las claves de su evolución a lo largo de tantos años, luciendo siempre con brillante singularidad al margen de la mejor o peor coyuntura económica con la que tenga que luchar la correspondiente Comisión de Fiestas. Algún año, que yo recuerdo, se llegó a juntar la referida Comisión en la misma tarde de este día 27, y no por eso dejó de estallar la traca en el momento justo del paso de la Procesión; ni faltó el pasacalle de banda recorriendo la Villa; ni, por supuesto, llegó a apuntar el amanecer sin que la Ría devolviera el eco de la serpenteante “Conga de Jaluco” en los últimos coletazos de la verbena. Y hasta tal se dijera que, en el caso de nuestras Fiestas, esa desasosegante incertidumbre llega a ser uno más de los ingredientes en juego. Un buen motivo para llenar las cansinas tertulias de los primeros días del verano, y una baza ganada siempre, en la polémica, por los más veteranos, hartos de terciar en las urgentes disputas de los más jóvenes con un sabio y retranqueante ¡Ya se juntarán!...¡Aún hay tiempo!...
      Pues, bien, con tiempo sí, pero también justo, estos cuatro magníficos, Dolores, Lupe, Suso y Pablo, vinieron, en este 92, a darle la razón otra vez a los viejos, y a sorprendernos a todos con un programa festero de auténtica categoría, capaz de medirse sin complejos con los más añorados de cualquier época pasada.
      Y por si fuese necesario confirmar cuanto digo con algún ejemplo, ahí está la impresionante nómina de bandas que se anuncian: cinco, más dos de gaitas…; todo un record olímpico para llenar con derroche ese capítulo que todos consideramos como el más señero en la secular ambición festera de Ortigueira. O, buscando otro ejemplo, ese conjunto brasileiro que se anuncia para el día 30: nada menos que toda una Escuela de Samba de Rio de Janeiro, insólita y excepcional atracción que a muchos, sin duda, traerá la febril memoria de aquellas míticas “Nereidas” que, hace treinta años, rompieron aquí todos los esquemas sobre la capacidad física y pasional de este Cantón.
      Así pues, es muy cierto que, por la cuenta del Programa, la fiesta está servida, y bien servida: música, actuaciones, conciertos, lucería, juegos, deportes,… Todo cuanto se puede pedir de lúdico aderezo está ahí, generosamente dispuesto en ese Programa. Y, con todo, yo quisiera significar ahora -hablando de un modo especial para los que de fuera vienen- que lo más atractivo de cuanto está por pasar en esta Villa en los próximos cinco días no figura detallado en los carteles, ni se ajusta -salvo excepciones- a la rigidez horaria que impone un programa de actos. Es esa otra parte de la fiesta en la que todos somos Comisión. La que pone en juego la íntima complicidad de todos los ortigueireses para llenar de emoción y solemnidad determinados momentos y actos que están por llegar. Ritos locales que lo son de doméstica y sincera singularidad, ciertamente; ni únicos ni insólitos, bien lo sabemos, pero que, vividos desde esa solidaria complicidad emocional, llegan a constituirse en inolvidable experiencia, y en morriñoso referente también de las esencias de la Patrona de un año para otro.
      Un desfile de bandas de música, bien cierto es que no tiene nada de extraordinario; pero, si queréis verlo a nuestra manera, pudiera ser que sintierais un feliz brinco en el alma cuando mañana den las doce en el reloj del viejo Convento; y que participéis así con nosotros del alborotado rebullir de ver cómo uno de los sueños más deseados por esta Villa se cumple al fin: el de disponer de nuevo de una banda de música propia, cerrando un demasiado largo vacío, y renovando una de las tradiciones más emblemáticas de Ortigueira.
      Y tampoco, bien lo sé, tiene nada de extraordinario una concentración de foguetería al paso solemne de una procesión. Casi todas las fiestas cuentan con ese ingrediente. Pero no todas, ved ahí, disponen de una caja de resonancia de tan atronadora capacidad como nuestra Ría…
      Y es que, para concluir, en cuestión de acústica, mis queridos amigos, no hay más remedio que reconocerle a Ortigueira capacidades excepcionales; casi tantas como las que nos descubrió Álvaro [Álvaro Fernández Polo, apasionado y brillante naturalista local] en cuanto a la riqueza biológica de nuestros humedales. Una potencialidad acústica de tan amplio espectro, como para reflejar todas las frecuencias posibles, desde un umbral al otro de la escala; desde el más agudo entrechocar de las copas, en las matinales sesiones de vermut, hasta el bronco estampido de los tapones de champán, en la postrera noche del Baile del Club.
      La que viene, pues, anunciándose, si queréis verla de este modo, vendrá a ser algo así como una larga y rica sinfonía, en cinco movimientos, que debemos comenzar a interpretar todos, si os parece, desde ahora mismo, en cuanto yo deje de desafinar en este ensayo previo, que ya va siendo largo.
      ¡Felices Fiestas!... Y que sean todos bienvenidos al festivo disfrute de nuestra Santa Patrona!...












No hay comentarios:

Publicar un comentario